Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image

Galiloxía | April 19, 2014

Scroll to top

Top

Sen comentarios

Empuñaduras de bici con calefacción

Agos Reigosa

Parece que as mentes dos novos creadores e inventores están que ferven, cada pouco están saíndo novos aparellos cada un máis útil e asombroso que o anterior, pena que o que vos traemos hoxe non sexa un destes, aínda así, e para que vexades que non deixamos fora a ninguén imos ensinarvos as primeiras empuñaduras para a bicicleta a moto ou incluso a moto de neve calefactables por batería.

Así é, a empresa A’ME tivo a brillante idea de sacar unha empuñaduras calefactables para non ter que pasar frío en inverno se nos adicamos a andar en bicicleta, como é o meu caso, o problema desta gran idea é como a levaron a cabo. Mentres que a idea por si está moi ben se a esta lle sumamos a necesidade de cargar as baterías cada 4 horas e un prezo situado nos $200 semella que a cousa non vai tan ben como nos gustaría. Ademais destes pequenos inconvenientes tedes dispoñibles as empuñaduras en dous tamaños e ata 8 cores diferentes, conta con seis niveis de intensidade facilmente regulables e indicadores LED para que non vos colla por sorpresa. De todos modos, se o que queredes e evitar o frío o mellor que podedes facer é mercar un vós guantes, dígovolo eu que estou moi ao norte.

Via: Gizmodo

Máis información:A’ME